20% OFF shipping at leseauxdelinval.fr on orders over $79 + up to 10% OFF products
leseauxdelinval.fr
home > HOMES E MULLERES DE SAL E FERRO. PERCEBEIROS DA COSTA DA MORTRE > HOMES E MULLERES DE SAL E FERRO. PERCEBEIROS DA COSTA DA MORTRE
download picture
HOMES E MULLERES DE SAL E FERRO. PERCEBEIROS DA COSTA DA MORTRE175 fotografas en branco e negro. O fotgrafo muxin Xess Ba retratou desde hai moitos anos os percebeiros das cofraras de pescadores de Camelle, en Camarias, e de Muxa mariscando nas pedras das Lobeiras, Punta da Barca, Punta da Buitra, cabo Tourin A travs da historia grfica que nos propn neste libro, o autor describe a xornada completa de traballo destes percebeiros da Costa da Morte, desde que almorzan na casa, baixan ao mar e saltan s pedras para
Shopping security

Shopping security

Each payment you make on thelockerguy is secured with strict SSL encryption and PCI DSS data protection protocols

175 fotografías en branco e negro.

O fotógrafo muxián Xesús Búa retratou desde hai moitos anos os percebeiros das cofrarías de pescadores de Camelle, en Camariñas, e de Muxía mariscando nas pedras das Lobeiras, Punta da Barca, Punta da Buitra, cabo Touriñán...
A través da historia gráfica que nos propón neste libro, o autor describe a xornada completa de traballo destes percebeiros da Costa da Morte, desde que almorzan na casa, baixan ao mar e saltan ás pedras para centrarse na loita coas ondas ata rematar coa escolla do produto cando volven á terra. Ademais, repartidos por entre o relato, inclúe numerosos retratos dos protagonistas.
Son imaxes potentes de homes e mulleres poderosas, curtidas polo sal, recias e fortes, física e psiquicamente, duras coma o ferro ben afiado da súa rasqueta, que se achegan aos perigosos e batidos riscos e pedras onde recollen exquisito manxar co que o Atlántico nos agasallla e que, en condicións moi duras e arriscadas, apañan eles para gañarse a vida.
O relato visual vai acompñado de textos e poemas de sete autores desta Costa da Morte que, chea de enorme beleza, tamén é costa de vida.

ÍNDICE
Alén da heroicidade
Xan X. Fernández Carrera
Xesús Búa
Datos biográficos
Percebeiros
Xosé Iglesias
Cos dedos esgazados
Modesto Fraga
O sol agocha o seu nome
Rosalía Fernández Rial
O percebeiro e a poeta
Branca Vilela
Percebeiras en Santa Mariña
Rafael Lema
O orgullo dos percebes arrincados da pedra
Miro Villar
Agradecementos
Xesús Búa
Oes a dor exhausta da raspeta
Alexandre Nerium.

----

En tempos pasados nas nosas vilas costeiras para a gran maioría dos rapaces ser mariñeiro non era unha escolla senón unhaobriga, pois non había outra saída profesional que non fose esa, igual pasaba na aldea co de ser labrego. Entre os homes que andaban ao
mar había algúns que escollían o traballo de percebeiro porque reunían certas condicións físicas necesarias para exercelo: corpo lixeiro e áxil para saltar polas pedras do mar e escapar dos tombos, e valentía e decisión para enfrontarse cada día a un adversario difícil e imprevisible. O percebe medra nas zonas máis batidas polo mar e agochado
entre as fendas das rochas, de aí a dificultade para extraelo.
Se ser percebeiro na actualidade é unha actividade difícil e arriscada, en tempos atrás aínda resultaba máis perigosa polas precarias condicións nas que se traballaba. Contaban os avós dos actuais percebeiros de Muxía que exercían esta profesión polos anos vinte e trinta do século pasado, cando o percebe comezou a ter valor no mercado,
que cando ían aos percebes á costa saían moi cedo da casa e en cuadrillas. Facían o camiño a pé a través de carreiros que bordeaban o litoral, os denominados camiños raposeiros, ata o lugar onde extraían o marisco. O sitio máis lonxe ao que chegaban era Touriñán, o que lles supoñía varias horas de camiñada de ida e outras tantas de volta.
Vestidos coa roupa máis gastada e unhas zapatillas con solas de goma suxeitas ás pernas cunhas cintas como calzado, coa raspa, trueiro e cordas ao lombo, e algo de comida para matar a fame do día, saían de mañanciña en grupos e despois distribuíanse por parellas ou en equipos de catro para realizaren o traballo. Nas zonas de maior perigo, en cada parella, un baixaba amarrado por unha corda a mariscar, mentres o compañeiro suxeitaba del, e ao mesmo tempo, vixiaba o mar e advertíao da chegada dos tombos.
Unha vez acabada a colleita, facíase a primeira escolla nas pedras, apartando o mexillón do percebe, para alixeirar peso. Logo poñíase o percebe en sacos, que se cargaban ao lombo e andábase o camiño de volta. Chegábase á casa coa roupa mollada pola auga que zumegaban os percebes. Na vivenda, estendíanse os percebes na bodega, que era
a parte da entrada, e escollíanse. Apartábase o que estaba picado e separábase o pequeno do grande. Só este último se vendía. Mandábase para A Coruña en camión. O resto comíase na casa ou dábaselle a algún familiar ou veciño e, se sobraba, tirábase na horta como fertilizante. Cando non se enviaba ao mercado por falta de demanda,
trocábase na aldea percebes por millo, patacas, fariña ou fabas.
Había percebeiros que traballaban en gamela, que navegaba a remo ou a vela. Chegaban á costa, onde ían mariscar, e unha vez alí, varaban a embarcación e apañaban percebe por terra e logo cargábano na gamela ou fondeaban e mariscaban en illotes ou zonas da costa ás que non se accedía por terra. Tamén se collía percebe cun espello, un caixón de madeira cun cristal para ver o fondo. Para isto precisábase unha raspa e un raño ou un trueiro cun mango longo para subir as piñas de percebe á gamela. Había veces que se extraían piñas de 20 e 30 kg.
A gran maioría dos percebeiros de antes eran homes, pero tamén había mulleres valentes que escollían este oficio. Se para os homes daquel tempo a profesión de percebeiro era difícil, no caso das mulleresaínda era máis...

ALÉN DA HEROICIDADE
Xan X. Fernández Carrera

____

Editorial: Libros Canela 12-2024
Idioma: Galego
Páxinas: 200
TAPA DURA CON SOBRECUBERTA
FOTOGRAFÍA
IMAXES DUN PAÍS

HOMES E MULLERES DE SAL E FERRO. PERCEBEIROS DA COSTA DA MORTRE

Item no : 34094821251
sold recently : Login >>
US$ 41.46
Pay in 4 interest-free payments of $10.37 Learn more
Min. order: 1piece

Shipping Estimate
USA
  • USA
  • CAN

Ships within 48 hours · Estimated delivery Jun 22 - Jun 27

Enjoy 20% off shipping

US$ 41.46

1-11

US$ 37.31

12-35

US$ 29.02

36-59

US$ 24.88

60+

US$40

Get now

Sign up to your membership to get coupons up to

15%

Get now

Opportunity to enjoy order discount up to 15% off

Please add the products
Shipping Notes
  • Free Standard Shipping on $100+ Orders to the USA.
  • Except Preorder products are shipped in 48 hours.
  • Delivery to the USA:
  1. Standard Shipping : 3-10 business days
  • If time is of the essence, please consider selecting expedited delivery for faster service.
Exchange/Return Notes
  • We offer a 30-day return/exchange service after receiving.
  • Final sale items are not eligible for returns or exchanges.
  • To process your return/exchange, please contact us at [email protected]
  • Please click here for more details>>> Return & Exchange Policy

Discover Niche Categories That Outsell

Top-Converting Item to Boost Your Average Order

recommand products

Related Searches