20% OFF shipping at leseauxdelinval.fr on orders over $79 + up to 10% OFF products
leseauxdelinval.fr
home > O ALÉN DOS BARQUEIROS > O ALÉN DOS BARQUEIROS
download picture
O ALÉN DOS BARQUEIROSO sueco Ingemar sostn que a mitoloxa a forma de psicoloxa mis antiga. Desvelar os misterios da vida a travs das lendas a paixn do estudante, algo que desexa plasmar nunha tese doutoral O mito de Ulises buscando Itaca inspiralle facer unha viaxe ata Lisboa en busca de crecemento persoal. Na fronteira un comandante sospeita que o antroplogo un espa sovitico. En Portugal atopa a Salom e continan a andaina xuntos escoitando mitos de rbores sagradas,
Shopping security

Shopping security

Each payment you make on thelockerguy is secured with strict SSL encryption and PCI DSS data protection protocols

O sueco Ingemar sostén que a mitoloxía é a forma de psicoloxía máis antiga. Desvelar os misterios da vida a través das lendas é a paixón do estudante, algo que desexa plasmar nunha tese doutoral

O mito de Ulises buscando Itaca inspiralle facer unha viaxe ata Lisboa en busca de crecemento persoal. Na fronteira un comandante sospeita que o antropólogo é un espía soviético. En Portugal atopa a Salomé e continúan a andaina xuntos escoitando mitos de árbores sagradas, monstros mariños, espítitos das augas, labirintos, animais totémicos e barcos pantasmas. «O alén dos barqueiros» non é un ensaio (mais éo), nin é un dicionario mitolóxico (xaora que o é); pois é, outramente e por riba de todo, unha composición narrativa complexa e completa. É dicir, unha novela en toda a extensión do concepto.

A editorial cántabra Fanes coa primeira novela de Anxo Muíños. Hai un par de anos lemos con deleite literario e ideolóxico “Ulin”, poemario iniciático do autor de Taragoña en edición bilingüe. O personaxe protagonista, Ingemar Westterstrom, non dubida en iniciar unha singradura espiritual e física, de coñecemento e aventura, que o vai vir traendo da Grande Canle do río Gota ás beiras do Teixo. Só tiña saído de Suecia para achegarse ao encontro cos xitanos do mar, os mariñeiros galegos. Aquela primeira transgresión fronteiriza atendera unicamente á súa tenacidade en perfeccionar o sotaque da lusofonía. Outras motivacións obrígano agora. Corre o outono de 1939. A aviación alemá bombardeou xa Guernica.

Ingemar, o escandinavo errante, comeza unha viaxe xeográfica contraria á do autor. Anxo Muíños sae do Porto de Taragoña decidido a dar forma e contido a un traballo de campo que nunha primeira intención abranguería os barqueiros do Miño e do Sil. A empresa irá medrando en afán e extensión. Na súa skepparkista atesoura xa anos de vida mariña e mariñeira. Tamén estudos de náutica. E as lecturas, claro: sempre intentando a fuxida do cárcere idealista, da recorrente racionalización occidental. No caixón da bitácora, Jung. Unha vida, moitas vidas. Zume de ausencias. O viaxeiro é sempre un fuxitivo, un inconformista. Anxo comeza as pescudas, as entrevistas.

Simbolismo mitolóxico da Grande Canle de Gotemburgo. Revisión transformadora dos recordos. Anxo patroneando o barco que atravesa a ría con Emilio Cao, Uxío Novoneyra e Pascual Abalo a bordo. Unha viaxe sentimental polo mar. Amizade. Arousa é Gotemburgo, que é tamén a Godenholm de Jünguer. A quilla arrampla co Leviatán hobbesiano e fai dos tripulantes bos salvaxes que declaman lances gavieros e convocan ghaçafellos. Os dedos de Emilio tanguen Fonte do Araño na arpa. Todo é simplemente lembranza na construción do eu, da identidade. Arqueoloxía autodidacta do saber. Se a peneira non vira o consultante non ten o ar. Solpor. Unha lanchiña rianxeira engaiolada nun arrecife cósmico de vangarda rianxeira.

Oliveira Casal (Café Barbantia)

Recibín novas do proceso de ultimado desta novela puntualmente. Souben dos momentos en que Anxo axustaba e recumpuña a anatomía do texto, aprontando xa o inminente parto, e agora, coa novela publicada, continúo a asistir aos primeiros pasos dunha crianza que naceu das augas. Anxo Muíños (Taragoña-Rianxo, 1966) non é un acabado de chegar á literatura, tampouco é alguén que precise documentarse para falar de mares e ríos (como nos acontece a outros), non; o Anxo é home de mar e como tal vive. Exerce na actualidade como anxo da garda -permítase a redundancia nominativa- doutros mariñeiros, pois traballa como vixía e temoneiro no buque hospital Juan de la Cosa; estamos nesta altura, casemente a suscitar metaliteratura, pois de certo aquí hai outra(s) novela(s). Diciamos que esta obra -publicada pola cántabra Editorial Fanes- xa anda polo mundo adiante, ocupando o seu espazo en trinques de librarías e fogares de lectores, e por suposto, non esquecerá A Mariña no seu calendario de presentacións. A comarca mariñá non lle é descoñecida ao escritor mariñeiro, pois este coleccionista de temóns, achou en Foz unha das peza da súa colección, e nesa vila será presentada O alén dos barqueiros. O evento terá lugar na emblemática Libraría Bahía o 28 de novembro ás oito e media da tarde, nese momento máxico en que o histórico estabelecemento pecha as portas e só os letraferidos ficamos no interior, rodeados de libros e custodiados polo tótem da tribo bibliómana, léase, Suso Fernández. Considero, que un dos atractivos máis sólidos do texto confórmano as apreciábeis doses de etnografía e antropoloxía presentes, malia que debemos recordar que non estamos diante un tratado nin un ensaio. Por iso e por moito máis, eu arelo que esta novela chegue ao alumnado adolescente, para que a rapazada descubra –ou redescubra- unha mitoloxía que paulatinamente foi perdendo o hábitat natural. Tiven a honra de prologar esta novela, de recibir o manuscrito aínda a medio puír e de calibrar con Anxo as posibilidades dun texto dotado dunha estrutura inhabitual. Conto naquela presiña de parágrafos redactada hai máis de medio ano, que se me vise obrigado a definir a experiencia lectora d’O alén dos barqueiros en poucas palabras, diría algo así como “unha revelación no atlas de territorios conquistados pola psique da ethnos”. Mantéñoo, pois existen unhas patrias herdadas por vía lendaria, e conscientemene ou non, nelas moramos. Mais ninguén debe fiarse das impresións alleas en algo tan persoal como a interpretación dun texto. Lean O alén dos barqueiros e xulguen; a indiferenza está descartada desde a primeira páxina. Palabra de letraferido. A novela conta ademais cun atractivo plástico, tal son as ilustracións do artista Humberto Loureiro (tamén coñecido como Humber Jumber), por iso, non debemos deixar pasar a oportunidade de asistir ás presentacións e de gozar d’O alén dos barqueiros. LIONEL REXES (Vasoiras de xibarda)

         

____

Editorial: Fanes 12-2018
Idioma: Galego

O ALÉN DOS BARQUEIROS

Item no : 36876439824
sold recently : Login >>
US$ 18.00
Pay in 4 interest-free payments of $4.50 Learn more
Min. order: 1piece

Shipping Estimate
USA
  • USA
  • CAN

Ships within 48 hours · Estimated delivery Jun 22 - Jun 27

Enjoy 20% off shipping

US$ 18.00

1-11

US$ 16.20

12-35

US$ 12.60

36-59

US$ 10.80

60+

US$40

Get now

Sign up to your membership to get coupons up to

15%

Get now

Opportunity to enjoy order discount up to 15% off

Please add the products
Shipping Notes
  • Free Standard Shipping on $100+ Orders to the USA.
  • Except Preorder products are shipped in 48 hours.
  • Delivery to the USA:
  1. Standard Shipping : 3-10 business days
  • If time is of the essence, please consider selecting expedited delivery for faster service.
Exchange/Return Notes
  • We offer a 30-day return/exchange service after receiving.
  • Final sale items are not eligible for returns or exchanges.
  • To process your return/exchange, please contact us at [email protected]
  • Please click here for more details>>> Return & Exchange Policy

Discover Niche Categories That Outsell

Top-Converting Item to Boost Your Average Order

recommand products

Related Searches