Shopping security
Título:Couto Mixto
Autor:García Mañá, Luís Manuel
Editorial:XERAIS
Idioma:GLG
Curso:
Encuadernación:TAPA DURA
Número de páginas:10
Año de edición:2005
ISBN:9788497823258
Sinopsis:Luís Manuel García Mañá, actual Xefe Superior de Policía de Galicia, ofrece neste fermoso libro, ilustrado coas fotografías de Xurxo Lobato, a radiografía exacta e documentadísima do Couto Mixto, un territorio peculiar, situado na raia seca existente entre Galicia e Portugal, que mantivo ata 1862 unha singularidade político-administrat iva, chegando a constituír un enclave independente e gozando os seus habitantes de privilexios por esta condición. Efectivamente, esta república esquecida de natureza políti-co-administrativa complexa estivo xeograficamente enclavada nas parroquias galegas de Santiago de Rubiás do concello de Calvos de Randín e de San Andrés Meuaus do concello de Baltar, mais vinculada historicamente a Portugal e España, a través de certa dependencia nobiliaria dos señoríos das Casas de Bragança e do Conde de Monterrei. No presente volume, Luís M. García Mañá, despois dunha docu-mentadísima esculca, debulla aspectos como a orixe, evolución e notas históricas deste territorio;re-flexiona sobre o carácter independente que chegou a ter o Couto Mixto;expón os privilexios dos habi-tantes do Couto (persoais, políticos, fiscais, administrativos, económicos e comerciais);rematando con referencias á extinción do Couto, tras o tratado de Lisboa de 1864, e a súa situación actual. Pola súa banda, Xurxo Lobato, ofrece unha coidadísima reportaxe, constituída por máis de medio cento de fotos, sobre o espazo e as xentes que habitan hoxe este territorio.
Ships within 48 hours · Estimated delivery Jul 1 - Jul 6
US$40
Get nowSign up to your membership to get coupons up to
15%
Get nowOpportunity to enjoy order discount up to 15% off
Top-Converting Item to Boost Your Average Order